9 jun 2014

Hoxe visitounos Ricardo Gómez

O autor de "Ojo de Nube", contounos como escribeu o libro no que coñecimos tantas cousas das tribos indias. Ensinounos a súa libreta, onde anota cousas que ve, que lle pasan,... e que logo poden convertirse en historias.
Contounos moitas cousas e nos tamén a él; amosámoslle os nosos debuxos e os traballos sobre o que lemos no seu libro: os nosos tipis, o mural, os tótems,...
Gustounos moito a súa visita; mesmo comezamos a idear personaxes novas para novos contos !!
GRAZAS RICARDO, POR COMPARTIR CON NOS AS TÚAS HISTORIAS E A TÚA IMAXINACIÓN !!

27 mar 2014

27 de Marzo-DÍA DO TEATRO

As nenas e nenos da aula de 4º de Educación Infantil celebramos o Día do Teatro, dándolles a benvida á primavera.